We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Malos Tempos

by O Cadelo Lunático

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €5 EUR  or more

     

1.
Malos Tempos 03:30
Xa non teño cartos para poder pagar As miñas facturas e vanme embargar Nos últimos bares non me queren ver máis E a miña moza vive cos seus pais Eu teño o blues… o blues dos malos tempos ) BIS Vou pedir traballo e dinme que non hai A xente emigra e di que se vai Non me queda outra terei que marchar E que nesta terra non se pode currar Eu teño o blues… o blues dos malos tempos ) BIS Eu teño o blues… o blues dos malos tempos )BIS Eu teño o blues… o blues dos malos tempos Malos tempos nena, oh no! Eu teño o blues… o blues dos malos tempos Son malos tempos nesta terra, no! Eu teño o blues… o blues dos malos tempos )BIS Eu teño o blues… o blues dos malos tempos Eu teño o blues…
2.
R&M 03:12
Están roubando e mentindo con toda impunidade )BIS Se nós os deixamos, eles non van parar.
3.
Bonxe 03:48
Onte soñei co cárcere de Bonxe, non había ninguén que non merecera estar alí… No cárcere de Bonxe, no cárcere. Políticos de todas as cores, párrocos e máis as infantas maiores. Empresarios despiadados, camiñan polo patio… Do cárcere de Bonxe, do cárcere. Xornalistas, banqueiros, monarcas e tamén os financeiros, venden títulos e accións por un pouco de tabaco. E algún que foi ministro, pon o cú por uns zapatos… No cárcere de Bonxe, no cárcere.) BIS Hoxe acordei despois de levar unha malleira. Cantaba estas cancións cando vin chegar a unha parella. Eran dos corpos de seguridade do Estado. E polo visto tiñan dereito a manternos ben calados. Manternos ben calados, mantelos ben Manternos ben caladas, mantelos ben Hoxe acordei… No cárcere de Bonxe!
4.
O tempo cheira a estación ferroviaria
 no arrabaldo do amencer,
 cando os trens agallopan xemendo
 por túneles de noite
 e brilan luces misteriosas
 nos bosques profundos
 e no perfil confuso das cidades lonxanas.
 Mentras [*Mentres] imos andando.
 O tempo soa a frauta melancólica
 de pastor isolado; a birimbao de vento
 nas marelas acacias ao caír a tardiña.
 Un soar monocorde
 que ven baixando a tombos dos curutos,
 chega até o val e trócase en paxaro.
 Mentras [*Mentres] imos andando.
 O tempo ten a cor dos prados, pero ás veces
 ponse gafas vermellas e reloce,
 -esmacelado e fondo, aluarado-
 coma un Sahara de augas movedizas,
 auga de area, chuvia de area,
 sobre mares de area interminábeles.
 Mentras [*Mentres] imos andando.
 O tempo leva grímpolas de berros pendurados
 dun aramio de espiño; leva fírgoas de luz;
 leva farrapos de esperanzas ergueitas
 sobre mastros de soños; e leva as derradeiras
 palabras dos soldados descoñecidos
 que morreron nas guerras polas patrias inútiles.
 Mentras [*Mentres] imos andando.
 O tempo é unha cousa que está e que esbara
 coma cóbrega longa rastrexando
 o corazón dos homes, ises vermes
 que están tamén e van tamén pasando,
 matinando furar un rexo muro de soidades,
 pedra de escuros dioses que couta a súa sombra.
 Mentras [*Mentres] imos andando.
 Mentras [*Mentres] imos andando o tempo ten un nome,
 un alcume de neve que ninguén o pronuncia,
 un alcume que esbagoa nos vidros do inverno
 e nos segredos xardís de acibos mergullados.
 Mentras [*Mentres] imos andando pregunto polos mortos,
 pregunto polas cores das froles que amaban,
 pregunto polas mornas mañás que gozaron,
 pregunto polas ondas do mar. Eu pregunto.
 Mentras [*Mentres] imos andando. * Modificación do poema orixinal
5.
Vivindo 02:54
Toda a miña vida tratei de vivir, conmigo mesmo, ao meu xeito. Nada do que fixen pareceu servir para sentirme un home completo. Non quería sufrir, e pouco a pouco víame afundir nunha botella de Jim Beam. A vida é gris. Eu non sei como saír. Coido que non podo facelo sen ti. Toda a miña vida tratei de fuxir, lonxe da xente que me fai sufrir. Xa non teño medo porque estás aquí, agora xa si, podo ser feliz.  
6.
Todo 03:18
Sempre viaxei no outro lado, na outra beira, arreo coa mesma triste sensación de ter que regresar soa e máis baleira do que ía… Sigo voltando coa incertidume e o medo do [*da] principiante, cos nervios dun primeiro bico, aínda que ti me chames e non fagas máis que me [*] dicir que o leve todo. * Modificación do poema orixinal
7.
So 03:06
Día tras día no eirado, buscando un xeito de trocar o pensamento avinagrado, de aquí todo vai moi mal. Gústame ir contracorrente para non ser manipulado. Non quero ter que ver á xente ou dar conversa no mercado. Non! Mellor eu só que mal acompañado. Non quero dar conversa no mercado. Mellor eu só… Que mal acompañado. Eu sempre fun dos meus amigos o que era serio e reservado, e as mulleres nunca moito tempo me deron aturado. Dígocho eu que son honesto. Non quero ser un desgraciado que polas costas mete o medo e por diante é un cagado. Oh! Non! Mellor eu só que mal acompañado. Por un cobarde desgraciado Mellor eu só que mal acompañado. Por un cobarde agochado Mellor eu só que mal acompañado. Non quero dar conversa no mercado. Non! Non! Mellor eu só… Que mal acompañado. Oh! Non!
8.
Cona 03:27
Arroz con chícharos, patacas novas, repolo de Betanzos, e máis cebolas. E fixo ben, e fixo ben, e fixo ben, e fixo ben, e fixo ben, e fixo ben, e fixo ben, e fixo ben, e fixo ben… Na cona da vella non manda ninguén. Non manda ninguén. O que non fume, nin beba viño. O que non fume, nin beba viño… Levaraio o demo polo outro camiño E fixo ben, e fixo ben, e fixo ben, e fixo ben, e fixo ben, e fixo ben, e fixo ben, e fixo ben, e fixo ben… Na cona da vella non manda ninguén. Non manda ninguén. Se o demo me leva, que me leve en barca. Se o demo me leva, que me leve en barca. E senón mellor que me recolla a parca. E fixo ben, e fixo ben, e fixo ben, e fixo ben, e fixo ben, e fixo ben, e fixo ben, e fixo ben, e fixo ben… Na cona da vella non manda ninguén Non manda ninguén. Oh, non! Unha vella no tempo dos mouros, fixo da cona unha praza de touros. Unha vella no tempo dos mouros, fixo da cona unha praza de touros. E fixo ben, fixo ben, fixo ben, e fixo ben, e fixo ben, e fixo ben, e fixo ben, e fixo ben, e fixo ben. E fixo ben, fixo ben, fixo ben… Na cona da vella nunca mandou ninguén
9.
Non 02:13
Si dixese que sí,
 que todo está moi ben,
 que o mundo está moi bon,
 que cada quén é quén...
 Conformidá.
 Ademiración.
 Calar, calar, calar,
 e moita precaución.
 [*preocupación] Si dixese que acaso
 as cousas son esí,
 porque sí,
 veleí,
 e non lle demos voltas.
 (Si aquíl está enriba
 i aquil outro debaixo
 é por culpa da vida.
 Si algunhos [*uns] van de porta en porta
 cun saco de cinza ás costas
 é porque son unhos docas).
 Si dixera que sí...
 Entón sería o intre
 de falar seriamente
 da batalla de froles
 nas festas do patrón.

 Pero non.
 * Modificación do poema orixinal
10.
Eu non renunciei á miña maneira de pensar nunca. Por outro lado é moi simple a miña maneira… as miñas conviccións políticas. Eu son un home de conviccións políticas, pero son moi simples. Non están programadas en un programa político. Estou contra a inxusticia, estou pola libertad, estou a favor de Galicia i estou contra a explotación do home polo home. O teito é de pedra.
 De pedra son os muros
 i as tebras.
 De pedra o chan
 i as reixas.
 As portas,
 as cadeas,
 o aire,
 as fenestras,
 as olladas,
 son de pedra.
 Os corazós dos homes
 que ao lonxe espreitan,
 feitos están
 tamén
 de pedra. [* Tamén de pedra]
 I eu, morrendo
 nesta longa noite
 de pedra. [* Noite de pedra )BIS]
 * Modificación do poema orixinal
11.
C Side 03:21
This is the end of the human race.

about

Unha vez posto o pé no camiño, os derroteiros que o tempo decidiu son imperturbables. Poden encherse de felicidade ou de misterios, de xeitos de vidas, de cargas e odios. Facemos camiño co noso macuto de tempo. Tempo de chegada e tempo de búsqueda. Tempo compartido e tempo de soidade.

É así como no medio da xeira damos cos malos tempos, aqueles que obrigan a ser mellores que a vida, a ser máis fortes que ese mesmo tempo, a non perder as formas nin os gustos polo que un día se chegou a considerar importante: a cultura, a vida e o espírito humano.
O tempo é un hálito de soidade que desgasta a mirada e a pel, a mente e a gorxa. É unha batalla perdida que nos obriga a erguernos cada mañá.

Cando os malos tempos son chegados hai que cubrir a caluga, abrir o paraugas e botarse á rúa para defender o que é noso.

credits

released January 29, 2016

Ilustración de portada: Suso Cubeiro
Deseño gráfico: Roberto Lage
Fotografía: La Estilográfica

Agradecementos por facer posible este disco a Hugo Ramos, Belém Tajes, Rafael Poncela, Roberto Lage, Suso Cubeiro e a Cristina Corral Soilán.

Todos os instrumentos e voces a cargo de Javier Prado a excepción dos especificados nos créditos de cada canción

Producido, mezclado e masterizado por Javier Prado

Gravado no estudio “O Demo Maior”
Outubro 2015

www.ocadelolunatico.com
ocadelolunatico@gmail.com

license

tags

about

O Cadelo Lunático GA, Spain

contact / help

Contact O Cadelo Lunático

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like O Cadelo Lunático, you may also like: