We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Mentres imos andando

from Malos Tempos by O Cadelo Lunático

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €1 EUR  or more

     

lyrics

O tempo cheira a estación ferroviaria

no arrabaldo do amencer,

cando os trens agallopan xemendo

por túneles de noite

e brilan luces misteriosas

nos bosques profundos

e no perfil confuso das cidades lonxanas.


Mentras [*Mentres] imos andando.


O tempo soa a frauta melancólica

de pastor isolado; a birimbao de vento

nas marelas acacias ao caír a tardiña.

Un soar monocorde

que ven baixando a tombos dos curutos,

chega até o val e trócase en paxaro.


Mentras [*Mentres] imos andando.


O tempo ten a cor dos prados, pero ás veces

ponse gafas vermellas e reloce,

-esmacelado e fondo, aluarado-

coma un Sahara de augas movedizas,

auga de area, chuvia de area,

sobre mares de area interminábeles.


Mentras [*Mentres] imos andando.


O tempo leva grímpolas de berros pendurados

dun aramio de espiño; leva fírgoas de luz;

leva farrapos de esperanzas ergueitas

sobre mastros de soños; e leva as derradeiras

palabras dos soldados descoñecidos

que morreron nas guerras polas patrias inútiles.


Mentras [*Mentres] imos andando.



O tempo é unha cousa que está e que esbara

coma cóbrega longa rastrexando

o corazón dos homes, ises vermes

que están tamén e van tamén pasando,

matinando furar un rexo muro de soidades,

pedra de escuros dioses que couta a súa sombra.


Mentras [*Mentres] imos andando.


Mentras [*Mentres] imos andando o tempo ten un nome,

un alcume de neve que ninguén o pronuncia,

un alcume que esbagoa nos vidros do inverno

e nos segredos xardís de acibos mergullados.


Mentras [*Mentres] imos andando pregunto polos mortos,

pregunto polas cores das froles que amaban,

pregunto polas mornas mañás que gozaron,

pregunto polas ondas do mar. Eu pregunto.


Mentras [*Mentres] imos andando.

* Modificación do poema orixinal

credits

from Malos Tempos, released January 29, 2016
Música: Javier Prado

Poema orixinal de Celso Emilio Ferreiro, “Mentras imos andando” extraído do libro Longa Noite de Pedra (1962)

license

tags

about

O Cadelo Lunático GA, Spain

contact / help

Contact O Cadelo Lunático

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like O Cadelo Lunático, you may also like: